Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2018 Páx. 21210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2018 pola que se lle dá publicidade á formalización dun contrato (expediente 2017_009_SXT).

Para os efectos do previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, esta consellería dálle publicidade á formalización do contrato de subministración de gas natural canalizado e gas natural licuado aos centros de consumo da Rede de Enerxía da Xunta de Galicia (Redexga).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 2017_009_SXT.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de gas natural canalizado e subministración de gas natural licuado aos centros de consumo da Redexga.

c) Lotes: dous (2).

Lote 1: inspeccións de eficiencia enerxética e subministración de gas natural canalizado aos centros de consumo da Redexga.

Lote 2: subministración de gas natural licuado aos centros de consumo da Redexga.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 09123000-7.

e) Acordo marco: non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

g) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 2 de setembro de 2017; BOE número 218, do 9 de setembro de 2017, e DOG número 170, do 7 de setembro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado con publicidade e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 87.162.454,37 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Lote 1. Importe neto: 27.716.723,57 euros. Importe total: 33.537.235,52 euros.

b) Lote 2. Importe neto: 1.643.261,06 euros. Importe: 1.988.345,88 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 26 de decembro de 2017.

Lote 2: 26 de decembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 28 de febreiro de 2018.

Lote 2: 28 de febreiro de 2018.

c) Contratista:

Lote 1: Gas Natural Comercializadora, S.A.

Lote 2: Gas Natural Comercializadora, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: polos prezos unitarios que figuran na resolución de adxudicación e no contrato.

Lote 2: polos prezos unitarios que figuran na resolución de adxudicación e no contrato.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria:

Lote 1: é a entidade que presenta a mellor oferta económica.

Lote 2: é a entidade que presenta a mellor oferta económica.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2018

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016; DOG núm. 131/2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía,
Emprego e Industria