Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2018 Páx. 21216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2018 pola que se lle dá publicidade ao posible cofinanciamento co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, en varios expedientes.

missing image file

O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao abeiro das facultades que lle confire a Orde do 25 de xaneiro de 2012, e para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, procede a dar publicidade das seguintes actuacións en licitación e potencialmente cofinanciables por fondos da Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto e orzamento base de licitación.

Obras de restauración das fachadas da igrexa do mosteiro de San Vicente do Pino, en Monforte de Lemos (Lugo), cun orzamento base de licitación de 185.887,69 €, IVE excluído.

Obras de actuacións de conservación e de mellora da accesibilidade do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, en Parada de Sil (Ourense), cun orzamento base de licitación de 188.456,02 €, IVE excluído.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións indicadas no punto 2.b) anterior son potencialmente cofinanciables nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020:

Obxectivo temático 06: conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos.

Prioridade de investimento 06.03: conservación, protección, fomento e desenvolvemento do patrimonio natural e cultural.

Obxectivo específico 06.03.01: promover a protección, fomento e desenvolvemento do patrimonio cultural.

Actuación CPSO (criterios e procedementos de selección de operacións) 6.3.1.1: intervencións no patrimonio cultural.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2018

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria