Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20904

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO de información ao público da proposta de convenio de execución urbanística para a obtención anticipada de terreos destinados a vías no ámbito da APR-PERI-D3.6.

O 13.3.2018 foi publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 51 o texto íntegro da proposta de convenio de execución urbanística para a obtención anticipada de terreos destinados a vías no ámbito da APR-PERI-D3.6 do vixente Plan xeral de ordenación municipal de Sada. Igualmente, o dito texto pode consultarse no enderezo electrónico: https://sede.sada.es/es/informacion/tablon/Noticia_Urbanismo_004.html

Consonte o previsto no art. 401.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que foi aprobado o Regulamento da Lei do solo, ábrese un período de información ao público polo prazo dun mes, mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Opinión A Coruña, co fin de que as persoas interesadas poidan presentar cantas suxestións e alegacións coiden convenientes. O expediente íntegro está á súa disposición no Servizo de Urbanismo do Concello de Sada, situado na avda. do Porto, núm. 24.

Sada, 3 de abril de 2018

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde