Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 4 de abril do 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-CO-1486/2017-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-CO-1486/2017-PPM.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º, A Coruña, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 4 de abril de 2018

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Domicilio

PSC-CO-1486/2017-PPM

Rafael Rivas Gey

52938105V

Proposta

O Conchido, A Ribeiriña, A Pobra do Caramiñal