Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20769

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado -CUALE- para o curso 2018/19.

Co obxecto realizar a convocatoria para o curso 2018/19 de autorización do programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado –CUALE– nos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral resolve anunciar:

Primeira. Que a regulación e convocatoria de autorización do programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado –CUALE– para o curso 2018/19 estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.gal/portal.

Segunda. Os centros que desexen implantar o programa CUALE deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación á cal se accede no enlace http://www.edu.xunta.es/programaseducativos –no programa correspondente CUALE–.

Terceira. Que o prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de xuño de 2018.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2018

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa