Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de marzo de 2018 polo que se fai pública a resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais de clave DH.D36.57423.

Con data do 6 de febreiro de 2018 ditouse resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Graremi, S.L. (t.m. Sanxenxo) pola comisión dunha infracción de carácter leve tipificada no artigo 85.e) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación da devandita resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Por tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícase a resolución ao interesado e faiselle saber que unha copia dela está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas e proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá interpoñer recurso de alzada perante o presidente de Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2018

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia