Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20742

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Allariz

ANUNCIO da aprobación do convenio urbanístico correspondente á área de repartición número 122 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello de Allariz, na sesión que tivo lugar o día 16 de marzo de 2018 adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Ratificar o convenio urbanístico do 6 de marzo de 2018, correspondente á área de repartición número 122 (AR-122) do PXOM, negociado e subscrito polo alcalde, Francisco García Suárez, no nome e en representación do Concello de Allariz, con Manuel Baltar Sobrino, maior de idade, casado con Benita Dominguez Vázquez, con domicilio en Ermua (Bizkaia) Zeharkalea, nº 12, 6º B, con DNI núm. 34539632A e 34563191X, respectivamente, que figura como anexo I da presente acta.

Segundo. Someter o citado convenio urbanístico a un trámite de información pública mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e no periódico La Región de Ourense por un período dun mes.

Concluído o trámite de información pública, o órgano que negociou o convenio –o alcalde– deberá elaborar, á vista das alegacións, unha proposta de texto definitivo do convenio, da cal se dará vista á persoa ou persoas que negociasen e subscribisen o texto inicial para a súa aceptación, reparos ou, se é o caso, renuncia.

No caso de que non se presenten alegacións ou suxestións dentro do prazo de exposición pública, elevarase a definitivo o texto inicial do convenio do 6 de marzo de 2018.

Terceiro. Facultar o alcalde tan amplamente como en dereito proceda para a execución do presente acordo.

O prazo de exposición comezará a contar desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo, o texto inicial do convenio urbanístico poderá ser examinado por calquera interesado na Secretaría do Concello de Allariz, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (https://http://allariz.sedelectronica.gal).

Allariz, 22 de marzo de 2018

Francisco García Suárez
Alcalde