Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 7 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta entidade (expediente 2005/227/27 e seis máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas, que a continuación se relacionan, as resolucións ditadas pola xefa territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar as ditas notificacións ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se lles terá por notificadas.

As persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpor recurso ás resolucións recaídas nos expedientes, as cales son definitivas en vía administrativa, no Xulgado de Primeira Instancia de Lugo, que por quenda lle corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data da súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 7 de marzo de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Nº de expediente

Efectos xurídicos

Data da resolución

Elías Zarauza Valcarce

2005/227/27

Cese de medida e arquivamento

15.9.2017

Soufian El Agouiz

2017/57/27

Cese de medida e arquivamento

28.4.2017

Gilberto Enrique Gómez Navia

2016/35/27

Ausencia de causa para medida e arquivamento

14.12.2017

David Fernández Fernández

2016/150/27

Ausencia de causa para medida e arquivamento

7.2.2018

Mohammed Said Bakkach

2011/180/32

Ausencia de causa para medida e arquivamento

26.12.2017

María Cristina López Beirao

2014/22/27

Ausencia de causa para medida e arquivamento

18.12.2017

Patricia Clemente Rodríguez,

Emilio José Bilbao Mercado

2017/176/27

Ausencia de causa para medida e arquivamento

6.3.2018