Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20707

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 23 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican expedientes sancionadores por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (expediente PO 21/2018 e sete máis).

De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior e logo de intentada sen éxito a notificación persoal do acto, que figura no anexo, a través do servizo de Correos notifícaselles aos interesados que constan no anexo o anuncio do expediente sancionador, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento integro do acto notificado e constancia deste. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 23 de marzo de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado (comercio)

Expediente

Acto

Concello

Inveraliance, S.L.

PO-21/2018

Inicio de expediente sancionador

Vigo

Gesinar 2012, S.L.

PO-07/2018

Inicio de expediente sancionador

Mijas

Teridán Textil, S.L.

PO-35/2018

Inicio de expediente sancionador

Vigo

Teridán Textil, S.L.

PO-36/2018

Inicio de expediente sancionador

Vigo

Home Bilbao 2015, S.L.

PO-41/2018

Inicio de expediente sancionador

Vigo

María Dolores Carballeira Martínez

PO-34/2018

Inicio de expediente sancionador

Vigo

Ali Reza Habizadeh
(Delicias Turcas)

PO-17/2018

Inicio de expediente sancionador

Vigo

Ali Reza Habizadeh
(Delicias Turcas)

PO-16/2018

Inicio de expediente sancionador

Vigo