Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 13 de abril de 2018 Páx. 20454

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muras

ANUNCIO de modificación das normas subsidiarias.

Por medio deste anuncio faise público que o Pleno do Concello, en sesión do 6 de abril de 2018, aprobou, con carácter provisional, a modificación das normas subsidiarias do Concello de Muras.

O expediente tramitado para o efecto poderá ser examinado na Secretaría do Concello co obxecto de que durante o prazo de dous meses, contados a partir da inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, poidan presentarse as reclamacións que se consideren oportunas.

Muras, 8 de abril de 2018

Manuel Requeijo Arnejo
Alcalde