Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 13 de abril de 2018 Páx. 20374

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (4332/17 CG).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4332/2017 desta sección, seguido por instancia de Mutua MC Mutual contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, José Manuel Tovar Rodríguez, Montajes Eléctricos Teinscom, S.L., sobre accidente, foi ditada a seguinte resolución:

Decidimos: que desestimamos o recurso de suplicación formulado pola letrada Blanca Fernández-Chao González-Dopeso, actuando en nome e representación da Mutua Mutual Midal Ciclops, contra a sentenza do dezanove de maio de dous mil dezasete, ditada en autos 75/2014 do Xulgado do Social número 3 da Coruña, seguidos por instancia de José Manuel Tovar Rodríguez, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Montajes Eléctricos Teinscom, S.L., e contra a mutua recorrente, polo que o confirmamos na súa integridade.

Imponse á mutua recorrente o aboamento das custas procesuais causadas con inclusión dos honorarios do letrado impugnante do recurso, que se fixan en 550 €.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións» ou «Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que sirva de notificación en legal forma a Montajes Eléctricos Teinscom, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG, e advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza