Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 13 de abril de 2018 Páx. 20406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 23 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a clasificación de solo urbanizable e ordenación detallada do sector no concello de Aranga (expediente 2017AAE2140; código 2030/2017).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 22 de marzo de 2018 sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a clasificación de solo urbanizable e ordenación detallada do sector no concello de Aranga.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático