No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 1, do 2 de xaneiro de 2018, publicáronse integramente as bases da convocatoria do proceso selectivo para cubrir, polo sistema de concurso-oposición, promoción interna, unha praza de inspector/a pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, grupo A2.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 65, do 5 de abril de 2017, publicáronse as Bases xerais para a selección de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral fixo.
O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados, desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es).
O que se fai público para xeral coñecemento.
Culleredo, 5 de abril de 2018
O alcalde
P.D. (Resolución do 10.11.2017; BOP núm. 218, do 16 de novembro)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Seguridade Cidadá, Recursos Humanos e Réxime Interior