Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 12 de abril de 2018 Páx. 20193

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO rectificativo (expediente 541/2018/56).

En cumprimento da Resolución do tenente de alcalde de Emprego e Economía Social, do 9 de marzo de 2018, de modificación do prego de cláusulas administrativas regulador da contratación do servizo de apoio técnico para o control da calidade do servizo de conservación e mantemento dos parques e xardíns da cidade da Coruña, modifícase o anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia do 23 de marzo de 2018, núm. 59, páxina 17074, coa consecuente aprobación do novo prego rectificado.sw

Segundo o artigo 75 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos, o prazo de presentación de ofertas será de quince (15) días contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de marzo de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Alberto Lema Suárez
Tenente alcalde delegado da Área de Emprego e Economía Social