De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e, en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa interesada a resolución ditada polo xefe territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código Civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a notificación por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio desta.
O expediente atópase á disposición da persoa interesada, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para efectos de ter coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles de que, de non facelo, se terán por notificados.
A persoa interesada ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra a resolución recaída no expediente, a cal é definitiva en vía administrativa, perante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo, que por quenda lle corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data da súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Lugo, 26 de febrero de 2018
María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nº do expediente: 2016/50/27.
Persoa interesada: Alex Félix Yapur Quirós.
Enderezo actual: descoñecido.
Asunto: Resolución do 1 de marzo de 2017.
Efectos: asunción de medida administrativa.