Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 12 de abril de 2018 Páx. 20166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de constitución do couto mineiro formado polas explotacións Rañadoiro número 2651.1 (PO/C/02651.1) e Coto da Rexa número 2714 (PO/C/2714), situadas nos termos municipais de Pontevedra e Soutomaior.

En cumprimento do disposto no artigo 109 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e no artigo 135 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minaría, sométese ao trámite de información pública a petición de constitución do couto mineiro formado polas explotacións Rañadoiro número 2651.1 (PO/C/02651.1) e Coto da Rexa número 2714 (PO/C/2714), situadas nos termos municipais de Pontevedra e Soutomaior (Pontevedra).

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente está dispoñible ao público, para a súa consulta, na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra, e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/expediente-explotacions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 28 de decembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra