Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 11 de abril de 2018 Páx. 19847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2018 pola que se comunica o inicio de procedemento de incumprimento e a resolución de retención de pagamento do expediente IG204.2015.1.152 e dous máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución ponse en coñecemento dos titulares dos expedientes relacionados no anexo, que o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento das condicións impostas nas resolucións de concesión das axudas outorgadas, co obxecto de determinar o alcance do incumprimento, que podería dar lugar á revogación das axudas concedidas e suspender os pagamentos ata que se diten as resolucións que poñan fin aos procedementos de incumprimento.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Concédeselles aos titulares dos expedientes un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia destes presuntos incumprimentos. Así mesmo, as resolucións de retención de pagamento esgotan a vía administrativa e contra elas os titulares dos expedientes poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Os expedientes póñense de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data da resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG204.2015.1.152

Luchana Restauración, S.L.

Apoio financeiro ás pemes –axudas para a bonificación dos custos do financiamento das pemes de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 € (Programa de apoio financeiro ás pemes) (Resolución do 5 de xuño de 2015, DOG núm. 115, do 19 de xuño)

25.1.2018

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG218.2015.1.317

Promociones y Obras Costa Atlántica, S.L.

Axudas do Igape a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma 16) (Resolución do 29 de xuño de 2016, DOG núm. 132, do 13 de xullo)

15.9.2017

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

IG230.2016.1.167

Logística do Xistral, S.L.

Axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta empresas) (Resolución do 28 de decembro de 2015, DOG núm. 247, do 29 de decembro)

25.1.2018

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento parcial e resolución de retención de pagamentos