1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Concellería de Comercio. Nº de expediente: 5.279-106.
2. Obxecto do contrato: subministración, instalación, vixilancia e mantemento dun belén monumental e unha exposición fotográfica na campaña de Nadal 2018/19, así como o control de accesos á exposición situada no edificio municipal da Casa das Artes en Vigo.
Lugar de execución: Concello de Vigo.
Prazo de execución: desde o día 25 de novembro de 2018 ata o 12 de xaneiro de 2019. Prórroga: unha, dun ano de duración.
3. Tramitación e procedemento.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base: 56.000,00 euros. IVE para soportar pola Administración: 11.760,00 euros. Orzamento total: 67.760,00 euros.
5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.
6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato, excepto no caso de que a duración do contrato sexa inferior a un ano, suposto en que se terá en conta o prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.
8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o décimo quinto (15º) día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.
Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día do prazo.
Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.
Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.
10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org.
Vigo, 5 de marzo de 2018
O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación