Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 11 de abril de 2018 Páx. 19855

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan parcial do sector SUD-21 (expediente FG 605).

Por Resolución desta alcaldía número 1246, do 22 de marzo de 2018, acordouse aprobar inicialmente con condicións o Plan parcial do sector SUD-21 predio Alsina, en Nós (documento nº 25621, do 27.12.2017).

De conformidade co artigo 75 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 3 de abril de 2018

Ángel García Seoane
Alcalde presidente