Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 11 de abril de 2018 Páx. 19866

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2018 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión, para o exercicio 2018, á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a unha encomenda de xestión para o exercicio 2018, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, á empresa pública Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), coas seguintes características:

Actividade: traballos complementarios na execución da segunda fase do Bosque de Galicia da Cidade da Cultura de Galicia.

Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intrasubxectiva, ao ter Seaga a consideración de medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: o prazo de execución será dun mes contado desde o inicio dos traballos.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2018

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia