Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 11 de abril de 2018 Páx. 19823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da xestión de servizos públicos, tramitación documentalmente simplificada, na modalidade de concerto para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia en concellos da Comunidade Autónoma galega (expediente PA 46-2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Contratación por procedemento aberto, da xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia en concellos da Comunidade Autónoma galega. Tramitación documentalmente simplificada.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Número de expediente: PA 46-2017.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=197789.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia en concellos da Comunidade Autónoma galega.

Lote 1: Lugo.

Lote 2: Outeiro de Rei.

Lote 3: O Barco de Valdeorras.

c) CPV: 85320000 servizos sociais.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 9 de novembro de 2017.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 693.044,35 € (IVE incluido).

1.5. Formalización:

Lote 1: Lugo.

a) Data: 9.3.2018.

b) Contratista: Abeiro Gold, S.L.U.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 206.550,00 € (IVE incluído).

Lote 2: Outeiro de Rei.

a) Data: 9.3.2018.

b) Contratista: Geriátricos del Principado, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 153.000,00 € (IVE incluído).

Lote 3: O Barco de Valdeorras.

a) Data: 20.3.2018.

b) Contratista: Fundación Benéfica Nuestra Señora de Fátima.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 139.440,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orden do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social