Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento das administracións públicas, aos interesados o trámite de audiencia no expediente de reclamación eléctrica que a continuación se relaciona no anexo no ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día.
Os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto para presentar ante a xefatura territorial as alegacións que consideren pertinentes.
O expediente relacionado a seguir atópase á disposición dos interesados, na citada Xefatura Territorial de Ourense, rúa Curros Enríquez, 1, 4º.
Ourense, 28 de marzo de 2018
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente |
Interesado |
Domicilio |
IN635A 2017/104-3 |
Benito Vázquez Fernández |
José Otero, 6, 4º B, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense) |