Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 11 de abril de 2018 Páx. 19806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo, por lotes, para a impartición de accións formativas do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (expediente 2017_008_SXT_OPL).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos contratos que se relacionan a continuación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 2017_008_SXT_OPL.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo, por lotes, para a impartición de accións formativas do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

c) División por lotes:

Lote 1: Formación Microsoft.

Lote 2: Formación Oracle.

Lote 3: Formación Devops e integración continua.

Lote 4: Formación Red Hat.

Lote 5: Formación Cisco Systems.

Lote 6: Formación en Proxectos (Scrum, PMI, Prince2 & ITIL).

Lote 7: Formación en Big Data.

Lote 8: Formación en ciberseguridade-EC Council.

Lote 9: Formación en Citrix.

Lote 10: Formación en Cloud-Amazon.

d) CPV: 80500000-9 Servizos de formación.

e) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2017 e o que corresponda para o 2018, condicionado a que exista crédito adecuado e suficiente. As actividades obxecto desta contratación financiaranse con cargo aos fondos que se reciban do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

g) Data de publicación do anuncio de licitación. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 14 de xullo de 2017. Data de publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE): 25 de xullo de 2017. Data de publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG): 10 de agosto de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado: oitocentos corenta e nove mil trescentos oitenta euros (849.380,00 €).

5. Orzamento de licitación: oitocentos corenta e nove mil trescentos oitenta euros (849.380,00 €). Este importe está exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, distribuído nos seguintes lotes:

Lote

Obxecto

Importe

1

Formación Microsoft

149.550,00 €

2

Formación Oracle

147.720,00 €

3

Formación Devops e integración continua

128.700,00 €

4

Formación Red Hat

48.500,00 €

5

Formación Cisco Systems

52.800,00 €

6

Formación en Proxectos (Scrum, Pmi, Prince2 & Itil)

96.700,00 €

7

Formación en Big Data

90.360,00 €

8

Formación en ciberseguridade-EC Council

66.800,00 €

9

Formación en Citrix

36.450,00 €

10

Formación en Cloud - Amazon

31.800,00 €

6. Adxudicación e formalización dos contratos:

Lote 1: Formación Microsoft.

a) Data de adxudicación: 11 de xaneiro de 2018.

b) Data de formalización: 15 de febreiro de 2018.

c) Empresa adxudicataria: Netmind, S.L.

d) Importe de adxudicación: cento trinta e cinco mil cen euros (135.100,00 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

e) Nacionalidade do contratista: española.

Lote 2: Formación Oracle.

a) Data de adxudicación: 11 de xaneiro de 2018.

b) Data de formalización: 15 de febreiro de 2018.

c) Empresa adxudicataria: Oracle Ibérica, S.L.

d) Importe de adxudicación: cento corenta e sete mil cincocentos setenta e dous euros con vinte e oito céntimos (147.572,28 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

e) Nacionalidade do contratista: española.

Lote 3: Formación Devops e integración continua.

a) Data de adxudicación: 11 de xaneiro de 2018.

b) Data de formalización: 15 de febreiro de 2018.

c) Empresa adxudicataria: Proyecto Universidad Empresa, S.L.

d) Importe de adxudicación: cento vinte e oito mil seiscentos vinte euros (128.620,00 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

e) Nacionalidade do contratista: española.

Lote 4: Formación Red Hat.

a) Data de adxudicación: 11 de xaneiro de 2018.

b) Data de formalización: 15 de febreiro de 2018.

c) Empresa adxudicataria: Edustance, S.L.

d) Importe de adxudicación: corenta e oito mil quince euros (48.015,00 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

e) Nacionalidade do contratista: española.

Lote 5: Formación Cisco Systems.

a) Data de adxudicación: 14 de febreiro de 2018.

b) Data de formalización: 9 de marzo de 2018.

c) Empresa adxudicataria: Pen Consultoría y Formación, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: cincuenta e dous mil cincocentos euros (52.500,00 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

e) Nacionalidade do contratista: española.

Lote 6: Formación Proyectos (Scrum, Pmi, Prince2 & Itil).

a) Data de adxudicación: 11 de xaneiro de 2018.

b) Data de formalización: 15 de febreiro de 2018.

c) Empresa adxudicataria: Estratecno, S.L.

d) Importe de adxudicación: noventa e seis mil trescentos cincuenta euros (96.350,00 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

e) Nacionalidade do contratista: española.

Lote 7: Formación Big Data.

a) Data de adxudicación: 11 de xaneiro de 2018.

b) Data de formalización: 15 de febreiro de 2018.

c) Empresa adxudicataria: Tech Train Solutions, S.L.

d) Importe de adxudicación: noventa mil trescentos dez euros (90.310,00 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

e) Nacionalidade do contratista: española.

Lote 8: Formación en ciberseguridade-EC Council.

a) Data de adxudicación: 11 de xaneiro de 2018.

b) Data de formalización: 15 de febreiro de 2018.

c) Empresa adxudicataria: Tech Train Solutions, S.L.

d) Importe de adxudicación: sesenta e seis mil setecentos sesenta euros (66.760,00 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

e) Nacionalidade do contratista: española.

Lote 9: Formación en Citrix.

a) Data de adxudicación: 11 de xaneiro de 2018.

b) Data de formalización: 15 de febreiro de 2018.

c) Empresa adxudicataria: Arrow Enterprise Computing Solutions, S.A.

d) Importe de adxudicación: trinta e seis mil oitenta e cinco euros con cincuenta céntimos (36.085,50 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

e) Nacionalidade do contratista:española.

Lote 10: Formación Cloud Amazon.

a) Data de adxudicación: 11 de xaneiro de 2018.

b) Data de formalización: 15 de febreiro de 2018.

c) Empresa adxudicataria: Capside Training, S.L.

d) Importe de adxudicación: trinta e un mil setecentos oitenta euros (31.780,00 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

e) Nacionalidade do contratista: española.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2018

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria