Ao non se poder levar a cabo a notificación da proposta de resolución do expediente sancionador 2017358TA-CO incoado a María Begoña Lamas Fernández.
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.
Así mesmo, de acordo co previsto nos artigos 64.2 e 89.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.
A Coruña, 20 de marzo de 2018
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2017358TA-CO.
Interesada: María Begoña Lamas Fernández (Cafe Bar Pra Ahí Vou).
DNI/NIF/CIF: 79331544J.
Último enderezo coñecido: Tarambollo, nº 57, Sofán, 15100 Carballo.
Avenida Finisterre, 32, 3º, 15100 Carballo.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.