Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 11 de abril de 2018 Páx. 19852

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 1 de marzo de 2018, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa con destino á regularización das liñas eléctricas existentes, de media e baixa tensión soterradas e centro de transformación, no dominio público portuario de Camelle, solicitada por Electra del Gayoso, S.L. (expediente 12-29-18-C-1).

Estase a tramitar unha concesión administrativa a favor de Electra del Gayoso, S.L. para a regularización das liñas eléctricas existentes de media e baixa tensión soterradas e centro de transformación, no dominio público portuario de Camelle, de acordo co Proxecto de LMT subterránea de 20 kV a CTC Camelle Porto, sita no porto de Camelle asinado en outubro de 2011 polo enxeñeiro técnico industrial Ramón Gómez Morandeira, e visado polo colexio oficial o 22 de novembro de 2011, co número CO112697, ademais dun plano da confrontación, o que inclúe todas as instalacións existentes no porto de Camelle.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 1 de marzo de 2018

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro