Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 10 de abril de 2018 Páx. 19512

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2018 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais en primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.

De acordo co Convenio de colaboración subscrito con data do 13 de marzo de 2018, entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e Cualtis, S.L.U., para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse cursos de prevención de riscos laborais en primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación,

RESOLVO:

Convocar os cursos que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2018

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Requisitos das persoas participantes

Persoal que presta servizos nos seguintes centros administrativos de Lugo, Santiago de Compostela e Pontevedra.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será de oito días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

6. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) de acordo cos criterios de selección deberán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas, no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

7. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Cuarta. Criterios de selección

Criterios xerais da EGAP, segundo a Resolución do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar no dito curso, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.

Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte das persoas responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días naturais anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

c) As persoas que incumpran o previsto nas liñas a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Realización de probas

Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final delas.

Oitava. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP e Cualtis poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e Cualtis resérvanse o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

3. A EGAP e Cualtis garantirán na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

• Código: CV18020.

Área de coñecemento: coñecementos transversais.

Nome do curso: prevención de riscos laborais en primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación (Lugo).

1. Obxectivos.

Formar os integrantes dos grupos de acción das medidas de emerxencia dos centros de traballo da Xunta de Galicia segundo sinala a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, no seu artigo 20.

2. Destinatarios/as.

Persoal que presta servizos nos seguintes centros de Lugo: 1. Edificio Administrativo de Lugo; 2. Xulgados provinciais de Lugo; 3. Oficinas de emprego de Lugo; 4. Centro de formación ocupacional de Lugo; 5. Escolas infantís de Lugo; 6. Oficinas agrarias.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: presencial.

Duración: 12 horas.

Edicións: cinco.

Primeira edición:

Lugar: Lugo, centro territorial do Issga, rolda de Fingoi, nº 170.

Datas: 24 e 25 de abril de 2018.

Horario: das 9.00 ás 15.00 horas.

Prazas: 25.

Segunda edición:

Lugar: Lugo, centro territorial do Issga, rolda de Fingoi, nº 170.

Datas: 26 e 27 de abril de 2018.

Horario: das 9.00 ás 15.00 horas.

Prazas: 25.

Terceira edición:

Lugar: Lugo, centro territorial do Issga, rolda de Fingoi, nº 170.

Datas: 3 e 4 de maio de 2018.

Horario: das 9.00 ás 15.00 horas.

Prazas: 25.

Cuarta edición:

Lugar: Lugo, centro territorial do Issga, rolda de Fingoi, nº 170.

Datas: 7 e 8 de maio de 2018.

Horario: das 9.00 ás 15.00 horas.

Prazas: 25.

Quinta edición:

Lugar: Lugo, centro territorial do Issga, rolda de Fingoi, nº 170.

Datas: 10 e 11 de maio de 2018.

Horario: das 9.00 ás 15.00 horas.

Prazas: 25.

4. Contido.

– Organización e actuación dos grupos de acción en caso de emerxencia.

– Primeiros auxilios:

Conceptos básicos.

Cuestións prácticas.

– Incendios: conceptos básicos, axentes extintores, equipos de protección contra incendios. Prácticas con lume real: os extintores.

• Código: CV18021.

Área de coñecemento: coñecementos transversais.

Nome do curso: prevención de riscos laborais en primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación (Santiago de Compostela).

1. Obxectivos.

Formar os integrantes dos grupos de acción das medidas de emerxencia dos centros de traballo da Xunta de Galicia segundo sinala a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, no seu artigo 20.

2. Destinatarios/as.

Persoal que presta servizos nos seguintes centros de Santiago de Compostela: 1. Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil; 2. Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal; 3. Secretaría Xeral de Política Lingüística; 4. Consello Consultivo de Galicia; 5. Consello Económico e Social de Galicia-CES-Galicia; 6. Consello Galego de Relacións Laborais; 7. Axencia Tributaria de Galicia-Atriga; 8. Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento; 9. Oficina de Emprego de Santiago-Centro; 10. Oficina de Emprego de Santiago-Norte; 11. Museo Pedagóxico de Galicia-Mupega; 12. Centro de Novas Tecnoloxías; 13. Axencia Galega de Innovación-Gain; 14. Escola Galega de Administración Pública; 15. Secretaría Xeral para o Deporte; 16. Dirección Xeral de Xustiza; 17. Dirección Xeral de Administración Local; 18. Oficina Central do Programa Reconduce.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: presencial.

Duración: 12 horas.

Edicións: cinco.

Primeira edición:

Lugar: Santiago de Compostela, sede da Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, nº 2-4.

Datas: 15 e 16 de maio de 2018.

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas.

Prazas: 25.

Segunda edición:

Lugar: Santiago de Compostela, sede da Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, nº 2-4.

Datas: 24 e 25 de maio de 2018.

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas.

Prazas: 25.

Terceira edición:

Lugar: Santiago de Compostela, sede do Museo Pedagóxico de Galicia, rúa San Lázaro, nº 107.

Datas: 3 e 4 de maio de 2018.

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas.

Prazas: 25.

Cuarta edición:

Lugar: Santiago de Compostela, sede do Pazo de San Roque, rúa San Lázaro, nº 2.

Datas: 26 e 27 de abril de 2018.

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas.

Prazas: 25.

Quinta edición:

Lugar: Santiago de Compostela, sede do Pazo de San Roque, rúa San Lázaro, nº 2.

Datas: 10 e 11 de maio de 2018.

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas.

Prazas: 25.

4. Contido.

– Organización e actuación dos grupos de acción en caso de emerxencia.

– Primeiros auxilios:

Conceptos básicos.

Cuestións prácticas.

– Incendios: conceptos básicos, axentes extintores, equipos de protección contra incendios. Prácticas con lume real: os extintores.

• Código: CV18022.

Área de coñecemento: coñecementos transversais.

Nome do curso: prevención de riscos laborais en primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación (Pontevedra).

1. Obxectivos.

Formar os integrantes dos grupos de acción das medidas de emerxencia dos centros de traballo da Xunta de Galicia segundo sinala a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, no seu artigo 20.

2. Destinatarios/as.

Persoal que presta servizos no Edificio Administrativo de Pontevedra.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: presencial.

Duración: 6 horas.

Edicións: cinco.

Lugar: aula 3 do Edificio Administrativo de Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, nº 43.

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas.

Prazas: 27 por edición.

Datas:

Primeira edición: 2 maio de 2018.

Segunda edición: 4 maio de 2018.

Terceira edición: 7 maio de 2018.

Cuarta edición: 9 maio de 2018.

Quinta edición: 11 maio de 2018.

4. Contido.

– Organización e actuación dos grupos de acción en caso de emerxencia.

– Primeiros auxilios:

Conceptos básicos.

Cuestións prácticas.

– Incendios: conceptos básicos, axentes extintores, equipos de protección contra incendios. Prácticas con lume real: os extintores.