Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 10 de abril de 2018 Páx. 19643

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal. A Solana. Documento para aprobación inicial. Febreiro 2018 (expediente 631/2017/37).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 5 de marzo de 2018, acordou aprobar inicialmente o documento denominado «Modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal. A Solana. Documento para aprobación inicial. Febreiro 2018», redactado polos técnicos do Departamento de Planeamento Municipal.

En cumprimento do artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 144.6 e 207 do seu regulamento (Decreto 143/2016), o expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.

A consulta da documentación da modificación puntual pode realizarse no Departamento de Planeamento da Área de Rexeneración Urbana, Dereito á Vivenda e Mobilidade Sostible (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral de luns a venres, ou no enderezo electrónico: https.www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe «Exposición pública de expedientes».

A Coruña, 12 de marzo de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde da Área de Rexeneración Urbana
e Dereito á Vivenda