Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 10 de abril de 2018 Páx. 19503

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 22 de marzo de 2018 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais para o ano 2018.

BDNS (idenf.): 392615.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Organizacións sindicais con representación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

A convocatoria de axudas que concederá a Consellería de Economía, Emprego e Industria ás organizacións sindicais con representación na Comunidade Autónoma de Galicia, para o desenvolvemento das súas actividades ordinarias durante o ano 2018, para o funcionamento dos seus gabinetes técnicos e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais, co fin último de mellorar as condicións de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 22 de marzo de 2018 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais para o ano 2018.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase un millón noventa e nove mil oitocentos euros (1.099.800 €) de acordo coa seguinte distribución:

Axudas para o desenvolvemento das actividades ordinarias das organizacións sindicais durante o ano 2018.

780.200 €, proporcionalmente distribuídos entre as organizacións sindicais solicitantes, segundo o número de representantes que tivesen en 31 de decembro de 2017 en virtude das eleccións celebradas nas empresas e nas administracións públicas no ámbito de Galicia.

Axudas para a creación e/ou o funcionamento de gabinetes técnicos das organizacións sindicais e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais.

319.600 €, proporcionalmente distribuídos entre as organizacións sindicais intersectoriais que o soliciten, segundo o número de representantes que tivesen en 31 de decembro de 2017 en virtude das eleccións celebradas nas empresas e nas administracións públicas no ámbito de Galicia.

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2018

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria