Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 10 de abril de 2018 Páx. 19640

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de transporte urxente de sangue, compoñentes sanguíneos e outros (expediente AB-EIL1-17-009).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIL1-17-009.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de transporte urxente de sangue, compoñentes sanguíneos e outros a Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) Lotes: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 60100000-9.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisición (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

h) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 166, do 1 de setembro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 145.593,60 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 60.664,00 €. Importe total: 73.403,44 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 31 de xaneiro de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 14 de febreiro de 2018.

c) Contratista: J. C. Courrier, S.L. (CIF: B15439607).

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 57.996,00 €. Importe total: 70.175,16 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ver resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante o 31 de xaneiro de 2018.

Lugo, 7 de marzo de 2018

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos