Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 9 de abril de 2018 Páx. 19464

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monfero

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente de delimitación de núcleo rural.

Aprobado inicialmente, por acordo do Pleno deste concello do 15 de decembro de 2017, o expediente de delimitación de núcleo rural común de «Agudeiro, As Travesas, A Mariñadona e a Fonte. Modificación do proxecto e exposición pública», de conformidade co artigo 78 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a exposición pública por prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o citado prazo, o devandito expediente poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Monfero, 8 de xaneiro de 2018

Andrés Feal Varela
Alcalde