Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 9 de abril de 2018 Páx. 19414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCION do 15 de marzo de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de reforma da intersección do punto quilométrico 21+900 da AC-840, de clave AC/16/230.10, no concello de Curtis.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 9 de xaneiro de 2018, procédese á aprobación do proxecto de construción reforma da intersección do p.q. 21+900, da AC-840 (Curtis), de clave: AC/16/230.10, no termo municipal de Curtis, polo director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas por delegación da conselleira de Infraestruturas e Vivenda.

Con data do 18 de xaneiro de 2018, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para as mencionadas obras por Decreto 10/2018, publicado no DOG nº 22, do 31 de xaneiro.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56, e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convocar os titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: Oficina Municipal Recinto Ferial.

Rúa Emilia Pardo Bazán, s/n, Curtis.

Data: 2 de maio de 2018.

Horario: das 10.00 ás 11.00 horas.

De: Cernadas Fontecoba, Enrique a Pintos Ríos, Josefina e outros.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos no Concello de Curtis e no Servizo Provincial da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 8ª planta, 15071 A Coruña).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, co fin de proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, podendo facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado e ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial da Coruña, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o seu domicilio, ou ben a quen, intentada a súa notificación, non se puidese practicar.

A Coruña, 15 de marzo de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña