Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 9 de abril de 2018 Páx. 19381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de reparación da cuberta da igrexa e da ala oeste do convento de San Francisco, en Ribadavia, mediante contratación documentalmente simplificada.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=221561.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 220, do 20 de novembro de 2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: reparación da cuberta da igrexa e da ala oeste do convento de San Francisco, en Ribadavia (Ourense).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 103.028,98 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

a) Data da adxudicación: 13 de marzo de 2018.

b) Data da formalización do contrato: 16 de marzo de 2018.

c) Contratista: Obras y Servicios Gómez Crespo, S.L.

d) Importe de adxudicación: 86.250,00 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2018

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria