Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 6 de abril de 2018 Páx. 18998

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de marzo de 2018 pola que se nomea profesorado funcionario dos corpos docentes universitarios con praza asistencial vinculada.

Advertido erro na citada resolución, publicada no DOG núm. 62, do 28 de marzo de 2018 procede, en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, corrixir o dito erro no anexo, na páxina 17947:

Nos concursos nos 2370-V/17 e 2371-V/17:

Onde di:

Corpo:

Profesor titular de universidade

Debe dicir:

Corpo:

Profesor titular de universidade vinculado coa categoría asistencial de facultativo especialista de área