Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 6 de abril de 2018 Páx. 18967

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 3 de maio de 2017, pola que se establecen as bases do programa Deseñando o teu futuro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 23 da Orde do 3 de maio de 2017, pola que se establecen as bases do programa Deseñando o teu futuro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017, resólvese proceder á publicación das subvencións concedidas que se indican no anexo desta resolución.

Finalidade da subvención: as axudas teñen por obxecto financiar os proxectos dirixidos a que os mozos e as mozas entre 14 e 18 anos realicen estadías-visitas non remuneradas en empresas/entidades públicas ou privadas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos de que adquiran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación.

Estas axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Beneficiarios:

A) Entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que lle presten servizos á mocidade, e ás súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das entidades que as conforman.

B) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Así mesmo, aqueles concellos que pertenzan a unha mesma zona sen constituír mancomunidade para estes efectos e acorden desenvolver programas conxuntos de actuación, poderán solicitar as axudas que regula esta orde. Neste suposto, todos os concellos quedarán obrigados solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención.

Norma reguladora: Orde do 3 de maio de 2017 pola que se establecen as bases do programa Deseñando o teu futuro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 91, do 12 de maio).

Aplicación orzamentaria:

A) Entidades sen ánimo de lucro: 12.05.313A 481.0.

B) Entidades locais: 12.05.313A 460.0.

Crédito orzamentario: 67.305,00 euros, distribuídos en:

A) Entidades sen ánimo de lucro: 24.485,00 €.

B) Entidades locais: 42.820,00 €.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2018

Cecilia Vázquez Suárez
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

A) Entidades sen ánimo de lucro: 24.485,00 €.

Aplicación: 12.05.313A 481.0.

Entidades sen ánimo de lucro

Contía

Anpa do Colexio CPR Plurilingüe Nosa Señora do Carme

2.850,00 €

Valoresc Innovation

2.850,00 €

Agrupación Xuvenil Brigantium

2.850,00 €

Asociación Centro Xuvenil Don Bosco

2.850,00 €

Asociación EFA Fonteboa

2.850,00 €

Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas

2.130,00 €

Asociación Piñeiral

2.850,00 €

Asociación xuvenil Xuntanza Xuvenil

2.040,00 €

Fillas do Divino Celo–Rogacionistas

1.900,00 €

Contía total concedida

23.170,00 €

B) Entidades locais: 42.820,00 €.

Aplicación: 12.05.313A 460.0.

Entidades locais

Contía

Agrupación de concellos de Bergondo e Betanzos

2.850,00 €

Agrupación de concellos de Camariñas, Mazaricos, Muxía e Vimianzo

2.040,00 €

Mancomunidade de Ordes

2.850,00 €

Agrupación de concellos de Boqueixón e Vedra

2.850,00 €

Concello de Soutomaior

2.850,00 €

Agrupación de concellos de Curtis, Sobrado e Vilasantar

2.850,00 €

Agrupación de concellos de Irixoa, Monfero e Aranga

2.760,00 €

Concello de Cuntis

2.850,00 €

Concello de Vila de Cruces

2.850,00 €

Concello de Moaña

2.400,00 €

Concello de Cervo

2.850,00 €

Concello de A Laracha

2.850,00 €

Concello das Pontes de García Rodríguez

1.520,00 €

Concello de Negreira

1.900,00 €

Concello de Cambados

2.580,00 €

Concello de Ponte Caldelas (*)

1.950,00 €

Contía total concedida

40.800,00 €

(*) Renunciou á axuda