Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 6 de abril de 2018 Páx. 18994

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ORDE do 20 de marzo de 2018 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 8 de febreiro de 2018.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, pola Orde do 8 de febreiro de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 32, do 14 de febreiro), de conformidade co disposto na base sexta da referida orde, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 8 de febreiro de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 32, do 14 de febreiro).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual da persoa que obtivo praza deberá efectuarse ao día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, na súa nova redacción dada polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, e o disposto na base sétima da convocatoria.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle fosen concedidas á dita persoa. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. O xefe/a do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como o/a daquel en que obteña destino, consignarán no titulo administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2018

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Apelidos e nome:

Calzadilla Bouzón, Carlos José

NRP:

3326163735 A2063

Subgrupo:

A1

Denominación do posto de traballo:

vogal permanente do Xurado de Expropiación de Galicia

Código do posto de traballo:

IV.C04.00.000.15770.050

Centro directivo:

Xurado de Expropiación de Galicia

Localidade:

Santiago de Compostela

Corpo/escala:

ese2 especial (esc. enxeñeiros-esp. enx. agronómica)

Nivel:

30

Complemento específico:

18.205,56 euros

Tipo de adscrición:

adscrición exclusiva funcionarios da Xunta de Galicia