Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 6 de abril de 2018 Páx. 19201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato, non suxeito a regulación harmonizada, da obra de adecuación do recinto de festivais do Monte do Gozo en Santiago de Compostela, tramitación anticipada, polo procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Data de publicación no perfil do contratante: 2 de xaneiro de 2018.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: obra.

b) Descrición do obxecto: realización das obras necesarias para adecuar os espazos existentes no Monte do Gozo como recinto de festivais.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 330.578,51 €.

Importe IVE (21 %): 69.421,49 €.

Total: 400.000,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 14 de marzo de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 21 de marzo de 2018.

c) Adxudicataria: Obras y Viales de Galicia, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe sen IVE: 310.264,46 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia