Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 6 de abril de 2018 Páx. 19041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 13 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación á persoa interesada que se especifica no anexo do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e ao non ser posible realizala, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, o interesado poderá comparecer no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, núm. 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírteselle que, conforme o artigo 68.1 da Lei 39/2015, de non presentar os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, terase por desistido da súa petición.

Ourense, 13 de marzo de 2018

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 11314.

Interesado: Boulfalfal —, Soulaymane.

NIE/DNI/PAS: KS9473815.

Último enderezo coñecido: rúa San Rosendo, 6, 2º drta., 32001 Ourense.