Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 5 de abril de 2018 Páx. 18873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Abegondo (expediente IN407A 2015/545-1).

Expediente: IN407A 2015/545-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Instalación: recuamento LMT CES-705 entre CT Vilanova e derivada CT Asadiño e anexo 1.

Concello: Abegondo.

1. Feitos.

1.1. O día 21.10.2015, José Antonio Fernández Amaro, en nome e representación de Unión Fenosa Distribución, S.A., solicita ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto de execución denominado recuamento LMT CES-705 entre CT Vilanova e derivada CT Asadiño.

1.2. O día 26.10.2016 Unión Fenosa Distribución, S.A. presenta anexo 1, no cal se modifica a localización dun apoio por mor dunha alegación, pero non varía o trazado.

2. Características técnicas:

– Reforma da liña eléctrica de media tensión aérea CES-705, a 15 kV, cunha lonxitude de 1,176 km, con orixe en apoio nº 98/54 existente da LMT CES-705, onde se realiza a derivación ao CT Vilanova (expte. 101/03), condutor tipo LA-56 mm2 Al e final en apoio nº 98/82 existente da LMT CES-705, no tramo entre a derivada ao CT Asadiño (expte 55.798) e a derivada ao CT A Wais Penedo (expte. 7.519).

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución de información pública: 30 de novembro de 2015.

– DOG: 28 de decembro de 2015.

– BOP: 14 de decembro de 2015.

– Xornal La Voz de Galicia: 22 de xaneiro de 2016.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 3 de marzo de 2016.

Ao mesmo tempo realizáronse notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

4. Durante o período no cal se someteu ao trámite de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

María del Pilar Botana Meizoso, mediante escrito do 24.10.2015, solicita mover un apoio de sitio, para o que alega, en síntese, o seguinte:

– Existencia dunha limitación a constitución de servidume de paso.

Con posterioridade, en relación coas alegacións presentadas, Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou un anexo 1 en que se reflicte o cambio solicitado e se indica que se chegou a un acordo coa propietaria.

5. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos o, no seu caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27.12.2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27.12.2000).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19.3.2008).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9.6.2014).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18.9.2002).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14/10/1982).

– Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 34, do 16.2.2001).

– Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 217, do 14.11.2016).

– Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232 do 4.12.2015).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17.12.1954).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20.6.1957).

2. Na visita de campo realizada para examinar a localización das instalacións, non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

3. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal se xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2.10.2015), sen prexuizo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 13 de marzo de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña