Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 5 de abril de 2018 Páx. 18831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 6 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria do Plan parcial do S-04 do Plan xeral de ordenación municipal de Touro, promovido por Queizuar, S.L. (expediente 2015AAE1840, código 1751/2015).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise pública a Resolución do 5 de marzo de 2018 pola que se formula a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria, sobre o Plan parcial do S-04 do PXOM de Touro, promovido por Queizuar, S.L.

Esta declaración ambiental estratéxica pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático