Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 4 de abril de 2018 Páx. 18720

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

ANUNCIO de información pública sobre o texto inicial de convenio urbanístico de execución de planeamento.

O 1 de marzo de 2018, tras a oportuna negociación, subscribiuse entre o alcalde do Concello de Brión e Mahia Inmobiliaria, S.L. o texto inicial do convenio urbanístico de execución de planeamento para o establecemento das condicións nas cales se vai levar a cabo o transvasamento de edificabilidade desde a parcela EQ SC-1 á parcela EQ Y S dentro do Plan parcial de Monte Balado e as contraprestacións que o Concello recibirá a cambio.

De conformidade co disposto no artigo 168 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante este prazo o texto inicial do convenio urbanístico poderá ser examinado por calquera interesado, nas dependencias municipais do Concello de Brión, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Brión, 7 de marzo de 2018

José Luis García García
Alcalde