No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación da resolución de reintegro no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que compareza persoalmente ou debidamente representada na sede do Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo; rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquela, advertíndolle que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.
Así mesmo, esgotada a vía administrativa no procedemento que se relaciona no dito anexo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Pontevedra, 16 marzo de 2018
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra