Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 4 de abril de 2018 Páx. 18710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de mantemento, evolución e soporte especializado de diversos sistemas no ámbito da Administración de xustiza (expediente 2017/PA/0080).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: é obxecto desta contratación o servizo de mantemento, evolución e soporte técnico especializado de diversas aplicacións informáticas no ámbito da Administración de xustiza. Principalmente:

• Simelga: sistema de xestión dos procedementos xudiciais asignados ao Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).

• Repafe: sistema que xestiona o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

• Sorteo do xurado.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 20.10.2017.

DOUE: 19.10.2017.

BOE: 31.10.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 760.320,00 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación:

O orzamento máximo autorizado é de 316.800,00 € máis 66.528,00 €, que corresponden ao IVE (21%), o que supón un total de 383.328,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 30.1.2018.

b) Data de formalización do contrato: 1.3.2018.

c) Contratista: Bahía Software, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 332.780,25 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia