Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 4 de abril de 2018 Páx. 18713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 13 de marzo de 2018, da Área Provincial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente LU-3/2015.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible efectuala, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo; Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 13 de marzo de 2018

María del Mar Gómez Pardo
Xefa de Área Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: ES LU-3/2015.

Persoas interesadas: Isabel Lavandeira Carreira e Manuel López Lourés.

DNI/NIE/NIF: ….353F e ……..497G.

Acto de notificación: resolución por caducidade do procedemento sancionador.