Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 3 de abril de 2018 Páx. 18435

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Irixo

ANUNCIO da oferta de emprego público para o exercicio 2018.

Provincia: Ourense. Corporación: O Irixo. Número de código territorial: 32035.

Mediante Resolución da Alcaldía, do 22 de marzo de 2018, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ás prazas que a seguir se sinalan para o ano 2018, en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, de 2 de abril, da Lei reguladora das bases do réxime local, e o artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Persoal laboral fixo:

Categoría: peón.

Escala: servizos técnicos xerais.

Subescala: peón.

Número de vacantes: 1.

Denominación: operario de servizos.

Persoal laboral fixo:

Categoría: peón.

Escala: servizos técnicos xerais.

Subescala: peón.

Número de vacantes: 1 (quedará vacante a partir do 11 de xullo).

Denominación: operario de servizos múltiples.

O Irixo, 23 de marzo de 2018

Manuel Penedo Paradela
Alcalde