Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 3 de abril de 2018 Páx. 18416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 20 de marzo de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora de seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-551, punto quilométrico 29+000 a 32+700, de clave PO/17/149.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o documento do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA na estrada PO-551, p.q. 29+000 a 32+700, de clave PO/17/149.06. O ámbito de actuación sitúase na estrada PO-551 Marín (Pavillón naval)-Rande (N-554), pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia, e que atravesa o termo municipal de Moaña, municipio da comarca do Morrazo, provincia de Pontevedra.

Este proxecto ten por obxecto definir, xustificar e valorar as obras necesarias para levar a cabo unha serie de actuacións que permitan evitar ou mitigar a accidentalidade que se vén producindo nos últimos anos no treito considerado.

As obras previstas comprenden as seguintes actuacións:

– Con carácter xeral:

• Substituiranse aqueles sinais verticais que non alcanzan o nivel de retrorreflectancia RA2 en todo o treito considerado.

• Repoñerase o balizamento existente en todo o treito considerado.

• Nos treitos urbanos (p.q. 29+000-29+650 e 31+060-32+890), pintarase unha mediana central ao longo do eixe da vía, de largura variable.

– Con carácter puntual:

• Mellora da seguridade viaria en interseccións (p.q. 29+140, 29+450, 30+230, 30+840-30+920, 31+110, 31+430, 34+440, 34+580, 31+630, 31+880, 32+310 e 32+670).

• Mellora da seguridade viaria en pasos de peóns (núcleo urbano de Domaio, p.q. 27+750 e 29+540), para a implantación de medidas que fomenten a visibilidade e redución da velocidade de aproximación.

• Outras melloras: accesos peonís ás zonas de parada do bus urbano, instalación de barreiras metálicas e optimización da sinalización.

• Instalación de bandas transversais de alerta (BTA) na entrada a travesía de Domaio, en sentido de aproximación desde Rande, coa finalidade de alertar e reducir a velocidade de aproximación.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (rúa Fernández Ladreda, 43, 1º-4º, 36071 Pontevedra) e na Casa do Concello de Moaña (As Barxas, 2, 36950 Moaña, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase a disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020:
MSV no contorno de TCA na estrada PO-551, p.q. 29+000 a 32+700
clave PO/17/149.06

Concello de Moaña.

Referencia catastral

Políg.

Parcela

Titular

Clase

Uso do solo

Sup. (m2)

Bens afectados

1

36029A041000420003AK

41

42

Freire Santomé, José

(herdeiros de)

Urbano

Agrario

5,00

--------

2

36029A041000410001OU

41

41

Bermúdez García, Jorge Benito

Urbano

Agrario

10,00

--------

3

36029A041000120004SF

41

12

Leites Arizaga, Pedro

Urbano

Residencial

20,00

--------

4

36029A041090020000IG

41

9002

Concello de Moaña

Urbano

Agrario

45,00

--------

5

36029A038003220000IH

38

322

González Pequeño, Delia

Urbano

Sen edificar

15,00

Galpón 4 m2

6

36029A038003110001OF

38

311

Rúa Piñeiro, Isabel

Urbano

Residencial

10,00

Muro pedra 5,0 x 1,5 m

7

36029A038003030000IF

38

303

Silva Alonso, Julio

Urbano

Sen edificar

30,00

Peche pedra 20 m

30 m2 vides

8

6217001NG2861N0001RD

69

9000

Ferradás Bernárdez, Mª Carmen

Urbano

Sen edificar

210,00

Horto 180 m2

9

6217002NG2861N0002FF

69

9000

Solla Ríos, Clementina

Urbano

Industrial

60,00

Horto 50 m2

10

6117501NG2861N0001OD

38

9000

González Paredes, Luis

Urbano

Sen edificar

5,00

Horto 50 m2

Arame 5 m

11

6218006NG2861N0001ID

38

9000

Táboas González, Juan Diego

Urbano

Sen edificar

70,00

Horto 50 m2

Arame 20 m

12

6218005NG2861N0002MF

38

9000

Ríos Paz, María (herdeiros de)

Urbano

Industrial

5,00

Arame 10 m

13

36029A070000040004SH

70

4

Quintana Álvarez, Ceferina

Urbano

Residencial

--

Repicado e remate de peche de formigón 2 m x 4 m

14

36029A070000130000IB

70

13

Concello de Moaña

Urbano

Sen edificar

15,00

--------