Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 3 de abril de 2018 Páx. 18421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento dunha aplicación para a xestión dun sistema integrado da información sobre a localización e seguimento das especies de flora e fauna silvestres en Galicia, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020 (expediente 2017/PA/0083).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: desenvolvemento dunha aplicación para a xestión dun sistema integrado da información sobre a localización e seguimento das especies de flora e fauna silvestres en Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 20.10.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 49.586,77 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 59.999,99 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 10.1.2018.

b) Data de formalización do contrato: 8.3.2018.

c) Contratista: Balidea Consulting & Programing, S.L.

d) Importe de adxudicación: 48.299,99 € (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia