Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 3 de abril de 2018 Páx. 18325

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2018/19.

Co obxecto de estender o programa de plurilingüismo á etapa postobrigatoria de bacharelato para o curso 2018/19, esta Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa resolve anunciar:

Primeiro.

Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a regulación e convocatoria de incorporación de centros para participar no bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2018/19.

Segundo.

Que o prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2018 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.

Que os centros que desexen impartir o programa de Pluribach deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede no enlace http://www.edu.xunta.es/programaseducativos.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2018

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa