Co obxecto de estender o programa de plurilingüismo ao segundo ciclo da educación infantil para o curso 2018/19, esta Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa resolve anunciar:
Primeiro.
Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a regulación e convocatoria de incorporación de centros para participar no programa de ensinanzas plurilingües no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) para o curso 2018/19.
Segundo.
Que o prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2018 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro.
Que os centros que desexen impartir o programa de Plurinfantil deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede no enlace http://www.edu.xunta.es/programaseducativos.
Santiago de Compostela, 2 de abril de 2018
Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa