Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 3 de abril de 2018 Páx. 18320

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do I Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

BDNS (Identif.): 391822.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 11 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Pode participar no premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, calquera persoa física, maior de idade, que presente un texto inédito en galego, relacionado con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.

Segundo. Obxecto e finalidade

Tendo en conta a escaseza actual de canles especializadas en Galicia para publicar textos sobre arte contemporánea, o Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, ten por obxecto contribuír á investigación e produción de pensamento en arte contemporánea a través da presentación de traballos que sexan inéditos e redactados en lingua galega.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do I Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (http://cgac.xunta.gal/).

Cuarto. Contía

Outorgarase un só premio por un importe de tres mil euros (3.000,00 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 15 de xuño de 2018. Con todo, se o período de presentación resulta inferior a un mes, as solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria