Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben cando, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio, convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT, RBT Os Martices-Xestoso, no concello de Monfero (expediente IN407A 2014/165-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas oficinas da casa consistorial correspondente.
A Coruña, 19 de marzo de 2018
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2014/165-1.
Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT, RBT Os Martices-Xestoso.
Concello: Monfero.
Predio |
Titularidade |
Data de pagamentos |
Hora |
6 |
Francisco Fernández Carballeira |
25.4.2018 |
10.45 |
12 |
Genoveva García Freire |
25.4.2018 |
11.30 |
19 |
Francisco Fernández Carballeira |
25.4.2018 |
10.45 |
26 |
Flora Acción Maroño |
26.4.2018 |
10.45 |